Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de marzo de 2020

ACTIVIDADE CANCELADA - Falamos primaria: “Radio Bulebule”, de Paco Nogueiras

ACTIVIDADE CANCELADA - Actividade dirixida aos centros de ensino con alumnado de 2.º, 3.º e 4.º de primaria que se desenvolverá no Centro Cívico dos Mallos en distintas datas de marzo.

Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Con este fin neste mes de marzo de 2020 imos desenvolver 7 pases escolares do espectáculo "Radio Bulebule", de Paco Nogueiras, no auditorio do Centro Cívico dos Mallos, dentro do programa Falamos primaria.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 2.º, 3.º e 4.º de primaria.

Obxectivos:

- Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.

- Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.

- Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.

Cada aula participante deberá estar acompañada mínimo por unha persoa responsable do centro.

Se non se cubrisen as prazas, abrirase un segundo prazo en que poderán participar centros de fóra da cidade.

Datas das actividades:

- luns 23 de marzo: un pase ás 12.00 h 

- mércores 25 de marzo: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h 

- xoves 26 de marzo: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h

- venres 27 de marzo: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h 

Para participar, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 12 de marzo, un correo a inscricionslingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono do profesorado que vai vir á actividade acompañando o alumnado, cun teléfono de contacto e a sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubrisen as prazas ofertadas, o martes 17 de marzo abrirase un novo prazo en que tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade que nos achegarán a mesma información antes indicada.

Máis info en: https://i.gal/XArc1

Logo do éxito de Brinca vai!, que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presentou un novo traballo de alta calidade lingüística e artística: Radio Bulebule.

O medio radiofónico inspira os doce temas deste libro-cd-dvd que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo que, unidos, forman unha curtametraxe.

Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora en que o falar non ten cancelas.

Sintonía de entrada, axenda cultural, música, faladoiro, novas, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste orixinal proxecto.

Dirección:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras por la/s que deseas buscar en nuestras actividades

También puedes revisar nuestra agenda de actividades

Próximas inscripciones

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cuándo:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 29/03/2024 hasta el 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cuándo:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 29/03/2024 hasta el 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cuándo:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscripciones:

    Desde el 05/04/2024 hasta el 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Dirección:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscripciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión