Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2020

ACTIVIDADE CANCELADA - Paseos pola Coruña Literaria na primavera de 2020

ACTIVIDADE CANCELADA - O xoves 12 de marzo abrimos a inscrición para o primeiro dos paseos, con Olivia Rodríguez González (sobre Luz Pozo Garza)

Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, teñen datas e protagonistas para esta primavera. Olivia Rodríguez González, María Canosa, África López Souto e Xosé Antón Bocixa con Emma Pedreira levarannos por diferentes localizacións da cidade que ambientaron ou inspiraron as súas obras. Serán ás 12.00 h e terán unha duración aproximada de hora e media. 

O calendario será o seguinte:

  • 21 de marzo, con Olivia Rodríguez. "A Coruña de Luz Pozo Garza". Faremos un percorrido polos espazos vitais e poéticos de Luz Pozo Garza na nosa cidade e deterémonos naqueles lugares máis significativos na súa traxectoria.
  • 4 de abril, con María Canosa. "Peregrina na miña cidade". O paseo rememorará a visión de dúas protagonistas dos últimos libros da autora. Nunha delas, a protagonista chega á cidade por mar e sentirase atraída por todo aquilo que é a fachada da cidade pero tamén polo que queda ás súas costas. A segunda protagonista vive dentro da cidade e transita os espazos menos pintorescos e máis prosaicos, o día a día, a cidade que se "usa".
  • 18 de abril, con África López. Concepción Arenal na Coruña: escoitando as 'malas mulleres'. Faremos un percorrido aberto e participativo pola presenza de Concepción Arenal na nosa cidade, incidindo nas súas perspectivas en relación a unha visión humanitaria do castigo, a potencia da amizade entre mulleres, centrada na súa relación con Juana de Vega, e o legado que deixou a súa vida e obra na nosa cidade.
  • 9 de maio, con Xosé Antón Bocixa e Emma Pedreira. "O éxodo, a ruína". Un paseo pola poética da memoria e da casa baleira e abandonada e que fica no silencio da ruína, desde o audiovisual ao literario, coa mirada diversa e complementaria destes creadores.

Prazos e forma de inscrición

Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos. É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.

A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34333 e 34321 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos) e no correo inscricionslingua@coruna.es, nas seguintes datas:

  • Olivia Rodríguez. Inscrición desde o xoves 12 de marzo
  • María Canosa. Inscrición desde o luns 23 de marzo
  • África López. Inscrición desde o luns 6 de abril
  • Xosé Antón Bocixa e Emma Pedreira. Inscrición desde o luns 27 de abril

Documentos:

Cartel-dos-Paseos-pola-Coruna-Literaria-primavera-2020.pdf (1005 KB)

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión