Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de abril de 2020

Aproveitamos o tempo na casa!

A pandemia do coronavirus obrigou o Concello da Coruña a cancelar as actividades municipais, pero seguimos activas e activos.

A programación de Normalización Lingüística do Concello da Coruña está enfocada a todos os públicos e abrangue a infancia, coas escolas infantís e os centros de ensino de primaria, a mocidade e as persoas adultas, co fin de promover e poñer en valor a transmisión da lingua galega, buscar espazos para o contacto coa lingua e promover a súa dinamización social.

5 son os eixos de actuación principais do Servizo de Normalización en canto ás actividades:

  • Programa de fomento do galego nas Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (0-3 anos)
  • Programa Apego de dinamización da lingua galega na poboación infantil (0-6 anos)
  • Falamos, programa de fomento do galego para os centros de ensino de primaria e secundaria
  • Programa de dinamización social na poboación en xeral (Paseos pola Coruña Literaria, AgoraSón)

O 12 de marzo abrimos a inscrición para a primeira das actividades do Apego primavera, para 2 actividades destinadas aos centros de ensino de primaria e para o primeiro Paseo pola Coruña Literaria. Moi ao noso pesar, o día seguinte xa se tivo que paralizar todo isto.

O 16 de marzo empezamos co teletraballo e isto implicou unha reprogramación de novas actividades. As nosas redes sociais deron en encherse de propostas atractivas para pasar mellor o tempo na casa e ofrecemos alternativas curiosas para todas as idades.

Difundimos vídeos de Apego, como o de facer galletas coas nosas nenas e nenos, ligazóns a portais educativos con recursos, concertos en directo a través das redes, curtametraxes, películas e pezas de teatro tanto para público infantil como para adulto, documentais sobre poesía (que liberaron os seus creadores) e a iniciativa "Mulleres de carne e verso" das bibliotecas municipais.

Creamos a nosa propia #corentenArtística na que todos os días, desde o 18 de marzo, publicamos traballiños xeitosos que as amizades xenerosas e comprometidas da cultura nos doaron para que en todas as casas se puidese aprender algo ademais de divertirse. Entre eles destacamos as bonecas de pano, os móbiles de cartón, os debuxos con puntillismo, os animais de pasta de modelar, ilustracións dinámicas, marionetas, superheroes e superheroínas de papel, o xogo da oca feito á man, fichas para aprender o abecedario, bote espía, abanos, teléfonos, marcapáxinas... cousiñas que se poden facer co que atopamos pola casa.

O 20 de marzo foi o Día da Narración Oral e iniciamos a #horadocontoconApego. Dende ese día todas as tardes ás 20.00 h, e durante máis de dúas semanas, tivemos convidadas ou convidados que nos contaron un conto (mesmo algún con lingua de signos ou participantes pequerrechas/os).

O 24 de marzo creamos #fortescomabuxos, unha proposta que terá premio para as creacións que as familias nos envían para animármonos entre todas e todos ante esta situación tan complicada de confinamento. Enchemos as redes cunha morea de debuxos, camisolas pintadas, pancartas etc. con frases poderosas como "Venceremos o bicho", "Xuntos acabaremos contigo", "Ninguén vai poder comigo", "Vai para a cama a te deitar, que vas cheo de contaxiar", "Nunca choveu que non escampase", "Gañaremos nós"...

O 27 de marzo inauguramos en Facebook a #corentenamusical con #ODíaD. Dende ese momento, cada día dedicámosllo a unha/un cantante ou grupo musical galego para contribuír ao seu coñecemento e amenizar esta situación mentres non nos podemos ver nas rúas e nos auditorios.

O 8 de abril comezamos unha sección á que decidimos chamarlle #cociñoconpouquiño, co paso a paso para cociñar receitas sinxelas con poucos ingredientes e habituais en todos os fogares (mesmo para facer coas nenas e nenos).

Tamén fomos difundindo con algo especialmente acaído o Día das Artes Galegas, o Día da Poesía, o Día Internacional do Libro Infantil...

Agardamos que nos sigades e que gocedes e participedes nos retos que pensamos para vós. Ánimo e aproveitemos este tempo!!

https://www.facebook.com/normalizacioncoruna/

https://twitter.com/LinguaCoruna

https://www.instagram.com/lingua_corunha/

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión