Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de marzo de 2020

Falamos primaria: Uxía Lambona e a Banda Molona

Actividade dirixida aos centros de ensino con alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria que se desenvolverá no Centro Cívico dos Mallos en distintas datas de maio.

Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Con este fin en maio de 2020 imos desenvolver 7 pases escolares de Uxía Lambona e a Banda Molona, no auditorio do Centro Cívico dos Mallos, dentro do programa Falamos primaria.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria.

Obxectivos:

- Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.

- Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.

- Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.

Cada aula participante deberá estar acompañada mínimo por unha persoa responsable do centro.

Se non se cubrisen as prazas, abrirase un segundo prazo en que poderán participar centros de fóra da cidade.

Datas das actividades:

- luns 25 de maio: un pase ás 12.00 h 

- mércores 27 de maio: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h 

- xoves 28 de maio: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h

- venres 29 de maio: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h

Para participar, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 12 de marzo, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono do profesorado que vai vir á actividade acompañando o alumnado, cun teléfono de contacto e a sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubrisen as prazas ofertadas, o martes 17 de outubro abrirase un novo prazo en que tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade que nos achegarán a mesma información antes indicada.

Máis info en: https://i.gal/pjS60

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha formación musical dedicada a levar a música tradicional galega e, sobre todo as letras do noso repertorio máis coñecido, a un formato máis moderno e orixinal que inclúe ritmos alternativos coma o rap, rock & roll, ou ska para cancións tan coñecidas como A saia da Carolina, Catro vellos mariñeiros ou A rianxeira.

Despois de "A bailar coma tolos", presentan temas do seu novo traballo "Astronauta sideral", unha proposta musical e escénica, con raíces na nosa tradición e repertorio innovador. O alumnado de ensino primario coñecerá unha formación que difunde a nosa cultura a través de vídeos musicais atractivos en que aparecen as letras destas cancións e con eles poderán traballar a lingua galega dun xeito divertido.

Enderezo:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión