Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2019

Na Coruña, o galego ten presente e futuro co Apego

Desde que se instaurou no ano 2016 a través de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, o programa Apego, encamiñado a fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial, non fai máis que medrar.

O proxecto Apego, común a case 30 concellos galegos, diríxese ao contexto familiar e social das nenas e dos nenos nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego. Desde hai xa tres anos, o Concello da Coruña ofrece este programa como un espazo para que as familias galegofalantes, neofalantes e tamén aqueloutras que teñan o interese de criar as súas fillas e fillos en galego poidan facelo contando con recursos abondos.

Cara a estas pequenas e pequenos, con idades entre os 0 e os 6 anos, está dirixido este programa que xa conta na Coruña con máis de 600 familias inscritas a través da web, das cales máis de 150 anotáronse ao longo deste ano. De entre todas elas, case 90 crianzas recibiron a súa caixiña e mesmo algunhas familias recolleron unha segunda ou terceira polo aumento da familia cunha nova ou novo bebé.

O proceso de inscribirse no Apego é ben sinxelo: desde a web apego.gal pódese acceder aos contidos, resumos, axenda e actividades, así como solicitar a alta (en http://apego.gal/sumate/). Unha vez que a familia se subscriba, Normalización Lingüística contacta con esta para combinar unha pequena entrevista, darlle a coñecer máis de preto o funcionamento do programa e ofrecerlle un agasallo de benvida: a caixiña do Apego, chea de materiais para as crianzas, tamén para as que están por chegar.

Destas conversas coas familias que van participar coas súas crianzas nas futuras actividades obsérvase que o perfil máis repetido é o da familia galegofalante que non atopa espazos de socialización en galego na nosa cidade e senten que as escolas están estragando dalgún xeito unha educación na lingua de noso que na casa se dá e que logo se esvaece no ámbito escolar ou de ocio. Por outra banda, as nais e pais galegofalantes que aproveitan a chegada dun bebé para mergullarse na nosa lingua e cultura é outro dos modelos de familia máis frecuente. Tamén hai outros tipos de familias como aquelas que migraron ao exterior e volveron con morriña e comprometidas co futuro da lingua, as persoas que veñen doutros países e descobren que aquí temos un idioma, tradicións e cultura propias e queren facer inmersión a través das súas fillas e fillos ou aqueloutras que buscan espazos e actividades para o lecer, sen ter unha clara vontade lingüística. Todas elas conforman a nosa grande familia "apegueira" coruñesa, que conta tamén con xente dos concellos dos arredores que non participan neste programa.

No Concello da Coruña ofrecemos eventos para familias con crianzas de 0 a 6 anos e que van desde os concertos curtos para bebés, as actividades cantadas como contacontos, cantaxogos ou teatro musical, os obradoiros e o teatro de monicreques. Estas actividades, sempre de balde para o público asistente, lévanas a cabo profesionais de enorme éxito no noso panorama audiovisual para crianzas como A Gramola Gominola, Pakolas, Mamá Cabra, Baobab Teatro e moitísimos máis. O grande interese das familias pola programación do Apego na Coruña explica a media de inscrición de practicamente o 100% e un promedio de asistencia do 75%.

Dividida en dúas seccións estacionais, a programación de primavera e a de outono, no último ano fixéronse ducias de actividades diferentes, a gran maioría en varios pases, entre contacontos, obradoiros de estimulación da linguaxe para bebés ou de creación de instrumentos, cursos de arrolos, espectáculos músico-teatrais ata os concertos para bebés e para a cativada de máis idade. Actividades moi participativas e todas coa intención de apegarse á nosa lingua.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión