Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2022

Programa Apego. Actividades primavera 2022

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, de febreiro a maio, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.

Na Coruña témoslle Apego á lingua!!

Seguimos coas nosas actividades presenciais para familias!

Esta é a programación para a primavera de 2022:

Chuches Amil presenta os monstros acústicos  (unha persoa adulta con crianza de +3 anos)

Martes 1 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 28 de xaneiro, ás 10.00 h

Martes 15 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 11 de marzo, ás 10.00 h

A ritmo de rock and roll e para toda a familia, letras que falan dos nosos medos e superacións, unha boa colección de monstros para non deixar de bailar, rir e cantar.

"Herba pequerrechiña", de Félix Arias  (de 0 a 3 anos)

Venres 4 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do martes 1 de febreiro, ás 10.00 h

Herba pequerrechiña é o proxecto do cantautor Félix Arias para traballar as emocións, o ritmo, a comprensión e a sensibilidade da cativada máis miúda a través de melodías sinxelas.

Ris ras, de Baobab Teatro (0-3 anos)

Martes 8 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición xa feita (14/01), posto que é evento de xaneiro aprazado por COVID.

Ris ras, de Baobab Teatro , o martes 22 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 18 de febreiro, ás 10.00 h

Un espectáculo que nos fará viaxar a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor da Lúa e o Sol.

Extra!, de Paco Nogueiras (4-6 anos)

Martes 15 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 11 de febreiro, ás 10.00 h

Paco Nogueiras ten un novo traballo musical no que nos explica como funciona un xornal por dentro. A través da música e as letras seremos xornalistas e protagonistas das novas máis frescas do día.

Contaconto-obradoiro de Apiario sobre "Ola, son un bicho bóla" (3 e 4 anos)

Martes 22 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 18 de marzo, ás 10.00 h

Cantos bichos bóla coñecedes? Hai un cento! E queren reunirse e formar un grupo.

A través da voz de Elvira Ribeiro (autora) e das ilustracións de Noelia González Caamaño coñeceremos esta divertida panda.

Contaconto-obradoiro de Apiario sobre "O branco non pinta" (3 e 4 anos)

Martes 29 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 25 de marzo, ás 10.00 h

Quen dixo que o branco non é unha cor? É unha cor ben bonita, se pintamos sobre fondo negro, por exemplo. Contaránolo a escritora Antía Otero e pintaránolo María Brenn.

Contaconto-obradoiro de Apiario sobre "Caer de cu polo universo" (5 e 6 anos)

Martes 5 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 1 de abril, ás 10.00 h

Pandora é unha rapaza curiosa e con inquietudes científicas que devece por coñecer algo máis do mundo no que vivimos. Que digo do mundo? Do universo! Acompañámola? Estíbaliz Espinosa contaránolo e Lucía Cobo porá as cores.

Contaconto-obradoiro "Da árbore ao libro", de Cuarto de inverno (5 e 6 anos)

Martes 19 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do mércores 13 de abril, ás 10.00 h

David Cortizo deseña, fabrica, colecciona, vende e soña libros. E ademais, o mellor de todo: encántalle lelos! Ensinaranos todo o que sabe sobre eles e poderemos crear un minilibro en tempo real.

Brincadeiras da lingua, de Migallas Teatro (2-4 anos)

Martes 26 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 22 de abril, ás 10.00 h

Martes 24 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 20 de maio, ás 10.00 h

Brincadeiras da lingua é un espectáculo que quere dar a coñecer a enorme riqueza de ditos e recitados da literatura popular infantil e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar.

Cucú, de María Faltri e Jorge Juncal (0-3 anos)

Martes 3 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 29 de abril, ás 10.00 h

Unha sesión ideada para transcorrer polo universo da crianza, pasando dunha sensación a outra coa naturalidade coa que medramos a cada paso que damos. María Faltri e Jorge Juncal dan vida a este espectáculo pensado para a primeira infancia.

Monstros no camiño, de Ghazafelhos Teatro (+4 anos)

Martes 10 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 6 de abril, ás 10.00 h

Tres investigadores da Europa do leste viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Amosarannos os resultados da súa aventura coa axuda dunha máquina inventada por eles.

Soñando inventei, de María Faltri e Jorge Juncal (+3 anos)

Martes 31 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 27 de abril, ás 10.00 h

Canta e baila cos temas de "Fantasía coas palabras", o primeiro libro-disco de María Faltri e Jorge Juncal. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida coa música como guión.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.

- Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos.

- Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.

- Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.

- Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión