Concello da Coruña

Concello da Coruña

Almanaque musical, de Percubebés. Pase das 18.30 h

A arpa de Bea e a voz de Marcelo farannos cantar ao mesmo tempo que aprendemos

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/11/2021

Inscricións:

Dende o 26/11/2021 ata o 30/11/2021

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

18.30 horas 

Duración:

40 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

15

Prezo:

De balde e con inscrición previa

O novo espectáculo de Percubebés, Almanaque musical, móstralles ás familias o ciclo do ano con fermosas cantigas acompañadas por Pelán. Co noso curioso amigo Pelán aprenderemos o día que é e todo o que abrangue o almanaque: as estacións, a lúa, as mareas, o agro, as festas...

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
  • Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos. 
  • Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
  • Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Próximas inscricións

  • Almanaque musical, de Percubebés. Pase das 17.00 h

    A quen vai dirixido?:

    Familias

    Cando:

    30/11/2021

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 26/11/2021 ata o 30/11/2021

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Almanaque musical, de Percubebés. Pase das 18.30 h

    A quen vai dirixido?:

    Familias

    Cando:

    30/11/2021

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 26/11/2021 ata o 30/11/2021

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión