Concello da Coruña

Concello da Coruña

Arrolos de salitre, con Faia Díaz e Guillerme Fernández. Pase das 17.00 h

As familias aprenderán melodías tradicionais da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández.

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/10/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/10/2021 ata o 14/10/2021

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta, e tamén ás nais e pais que están a agardar un bebé. Só precisa a inscrición a/o nena/o. (As futuras nais e pais tedes que nos enviar un correo-e a inscricionslingua@coruna.es co asunto "Inscrición Arrolos").

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

17.00 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

15

Prezo:

De balde e con inscrición previa

As nais e os pais poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce ao arrolaren os seus bebés e transmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua e música.

A actividade desenvolverase nunha aula do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Debido ás restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
  • Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos. 
  • Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
  • Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión