Concello da Coruña

Concello da Coruña

As fabas máxicas, de Caramuxo Teatro, ás 17.00 h

Espectáculo para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

01/06/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/05/2022 ata o 01/06/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

17.00 horas 

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

30 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Caramuxo Teatro  presenta unha nova versión do clásico popular. Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques. Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mestúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases para os que se haberá que inscribir previamente  en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

A cada pase só poderán asistir 30 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión