Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Brincadeiras da lingua", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

Novo espectáculo de Migallas Teatro baseado na serie audiovisual do mesmo nome.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

24/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/05/2022 ata o 24/05/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 2 ata 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

Pase das 17.00 h

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

18 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

"Brincadeiras da lingua" ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie audiovisual do mesmo nome.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.

Inscricións  en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 18 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Próximas inscricións

  • "Soñando inventei", de María Faltri e Jorge Juncal, ás 17.00 h

    Cando:

    31/05/2022

    Horario:

    17.00  horas 

    Inscricións:

    Dende o 27/05/2022 ata o 31/05/2022

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Soñando inventei", de María Faltri e Jorge Juncal, ás 18.30 h

    Cando:

    31/05/2022

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 27/05/2022 ata o 31/05/2022

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • As fabas máxicas, de Caramuxo Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    01/06/2022

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 27/05/2022 ata o 01/06/2022

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión