Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Espectáculo en formato dixital, por mor da pandemia sanitaria
Familias
Familias
Dende o 20/12/2020 ata o 19/01/2021
Dende o 20/12/2020 ata o 19/01/2021
25 min aprox.
Cris de Caldas (bibliotecaria e contadora) e Xavi do Camiño (músico) achégannos, para as familias con nenas e nenos máis pequenos, estes "Contos pequeniños" nos que mesturan o lúdico e o pedagóxico e que se basean sobre todo na tradición oral.
Coa axuda do propio corpo, de instrumentos musicais e obxectos sinxelos realizan unha sesión dos seus "Contos pequeniños" para crianzas de 0 a 3 anos.
A voz e a música de Cris de Caldas e Xavi do Camiño vanse mesturando en contos de animais e tratan tamén de facer do momento da comida unha experiencia máis agradable con algunhas das fórmulas máis tradicionais que se utilizaron de sempre.
Visible dende o 20 de decembro de 2020 ata o 20 de xaneiro de 2021.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Espectáculo en formato dixital, por mor da pandemia sanitaria.
Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.
Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.
Familias
Dende o 19/12/2020 ata o 19/01/2021
Dende o 19/12/2020 ata o 19/01/2021
Familias
Dende o 20/12/2020 ata o 19/01/2021
Dende o 20/12/2020 ata o 19/01/2021
Familias
Dende o 23/12/2020 ata o 23/01/2021
Dende o 23/12/2020 ata o 23/01/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible