Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ris ras, de Baobab Teatro. Pase das 17.00 h

Espectáculo nomeado para a candidatura aos Premios María Casares como "Mellor Espectáculo Infantil"

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

18/01/2022

Inscricións:

Dende o 14/01/2022 ata o 18/01/2022

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Horario:

17.00 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

15

Prezo:

De balde e con inscrición previa

É un espectáculo teatral e con música en directo, recoñecido pola súa calidade (candidato a Mellor Espectáculo Infantil nos Premios María Casares 2021), que nos fará viaxar a través de xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (a Lúa e o Sol). 

Nace de pór en valor a nosa lingua e co obxectivo claro de profundar nos ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos menos coñecidos para que non se esquezan.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
  • Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
  • Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos. 
  • Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
  • Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
  • Seguiranse as instrucións do persoal organizador.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Próximas inscricións

  • Ris ras, de Baobab Teatro. Pase das 17.00 h

    Cando:

    18/01/2022

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2022 ata o 18/01/2022

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Ris ras, de Baobab Teatro. Pase das 18.30 h

    Cando:

    18/01/2022

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2022 ata o 18/01/2022

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • Extra!, de Paco Nogueiras. Pase das 17.00 h

    Cando:

    19/01/2022

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2022 ata o 19/01/2022

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 4 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión