Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Tanxugueiras no AgoraSón da primavera 2019

Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2019, coas Tanxugueiras en concerto.

A quen vai dirixido?:

Cidadanía en xeral

Cando:

10/05/2019

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 29/04/2019 ata o 10/05/2019

Até o xoves 9 de maio, entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na entrada do auditorio do Centro Ágora.

Horario:

21.00 h

 

Duración:

75 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con convite

Páxina web:

Tanxugueiras no AgoraSón da primavera 2019

Organizador:

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo-e: lingua(a)coruna.es

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son as integrantes de Tanxugueiras, un dos mellores referentes da música tradicional galega. En 2018 acadaron o premio MIN ao mellor álbum en galego e o premio aRi[t]mar polo tema "Que non mo neguen", unha canción na que Tanxugueiras, segundo elas propias, quere facer ver o actual apoderamento da muller e camiñar en prol da igualdade.

A actuación desenvolverase no auditorio do Centro Ágora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión