Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

AgoraSón do outono 2019 con Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú

Con motivo do Día das Bibliotecas (24 de outubro) e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2019, con Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú en concerto.

A quen vai dirixido?:

Cidadanía en xeral

Cando:

25/10/2019

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/10/2019 ata o 25/10/2019

Con motivo da celebración do Días das Bibliotecas, e para promover a lectura e o consumo de audiovisual en lingua galega, Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón Outono 2019, cun concerto no que intervirán Xurxo Souto, Lydia Botana e Vudú.

Desde o luns 14 de outubro entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou material audiovisual en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren convites, estarán ao dispor do público xeral o mesmo día do concerto (25 de outubro) a partir das 20.00 h na entrada do auditorio do Centro Ágora.

Horario:

21.00 h

 

Duración:

120 min aprox.

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con convite

Organizador:

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo-e: lingua(a)coruna.es

Documentos:

CARTAZ-FOTOS-AGORASON.pdf (1 MB)

Xurxo Souto: artista coruñés polifacético e carismático, Souto é escritor, cantante, acordeonista, actor, director e locutor de radio. Foi vocalista da banda de rock bravú Os Diplomáticos de Monte Alto entre os anos 1990 e 2001.

Lydia Botana: música multiinstrumentista coruñesa, ten formado parte de diversas agrupacións, tanto rock, pop, reggae/ska, como ensembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Titulada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e Educación Musical.

Vudú son Belém Tajes, teclados e voces, e Maritxinha no baixo e loops con Bruno Couceiro á batería. Nace na Coruña en 2016 e xa no ano seguinte gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría blues/funk/soul. Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con harmonías soul e R&B.

A actuación desenvolverase no auditorio do Centro Ágora.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión