Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de Nadal 2021. Viquingos obxectivo Galicia

Durante este campamento de Nadal viviremos en primeira persoa un desembarco viquingo na Coruña, que chegará para conquistar a nosa cidade.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos nacidas/os entre 2009 e 2017, agrupados por idades.

Número de prazas por centro: 165 nenas/os, distribuídos en 9 grupos por idades.

Os grupos serán de entre 10 e 12 participantes (pendentes das instrucións que a Xunta de Galicia poida cambiar ao respecto).

Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 22/12/2021 ata o 07/01/2022

No Fórum Metropolitano ou no Centro Ágora.

Os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro do 2021 e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro do 2022.

Xa rematou

Horario:

De 10.00 a 14.00 h

Haberá unha pausa de 11.45 a 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.

Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar:

Opción A: de 10.00 a 14.30 h

Opción B: de 9.00 a 14.00 h

Opción C: de 9.00 a 14.30 h

Opción D: de 8.30 a 14.00 h

Opción E: de 8.30 a 14.30 h.

As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Prezo:

Só campamento: 35,00 €

Para as opcións con ampliación horaria:

Opción A: 38,00 €

Opción B: 40,00 €

Opción C: 42,50 €

Opción D: 42,50 €

Opción E: 45,00 €

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante.

Requisitos:

INSCRICIÓN

Os días 1, 2 e 3 de decembro, mediante inscrición directa a través do formulario, que tamén se pode atopar na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura, até cubrir as prazas.

Todo o proceso será telemático.

Unha vez cuberto o formulario, recibirá a confirmación da praza, pendente de que vostede realice o ingreso correspondente no seguinte número de conta: ES81 2080 0380 6230 4000 5657 e nos envíe o xustificante de telo feito ao seguinte enderezo de correo electrónico: forumagora@serviplus.org (terán de prazo ata o 8 de decembro).

A partir do día 9 de decembro, ofertaranse as prazas libres.

REUNIÓN INFORMATIVA

Por mor da situación sanitaria actual, non haberá reunión informativa presencial coma outros anos. Toda a información relacionada co funcionamento do campamento será enviada por correo electrónico ao enderezo desde o que se realiza a inscrición, dous días antes do comezo do dito campamento.

Se precisan máis información poden solicitala:

  • A través do servizo telefónico 010
  • No correo electrónico: forumocio@coruna.es

NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19

(ver Protocolo)

  • As persoas participantes deberán aceptar e asinar unha declaración responsable, na que se comprometen a garantir que durante os 14 días previos ao comezo dos obradoiros non sufriron nin tose, nin febre, nin cansazo ou falta de aire. Ademais de non ter estado en contacto con ningunha persoa coa dita sintomatoloxía.
  • Non asistir aos obradoiros con febre (> 37º) ou con síntomas propios do coronavirus.
  • No caso de declararse un caso de contaxio, avisar urxentemente as persoas responsables do programa.
  • Manter 1,5 metros de distancia de seguridade con outras persoas tanto nos accesos como no interior do edificio.
  • É obrigatorio utilizar axeitadamente a máscara (excepto no supostos contemplados na normativa vixente) para acceder e desprazarse polo edificio e durante toda a actividade. A máscara debe traela cada participante.
  • Lavar as mans con xel hidroalcohólico antes de entrar e de saír das aulas e dos aseos.
  • Non está permitido compartir o material de uso individual.
  • Limitar o uso dos aseos o máximo posible.
  • Seguir as instrucións do persoal do edificio en todo momento e actuar con responsabilidade.

Documentos:

Folleto-Nadal-2021-1.pdf (1 MB)

Será un campamento no que aprenderemos moito sobre os costumes e a forma de vivir do pobo viquingo, a través de diferentes actividades e xogos.

Pero non só nos quedaremos niso, senón que a maiores traballaremos aspectos relacionados coa diversidade, a tolerancia ou a igualdade. Desta maneira, coñeceremos como era a vida na época viquinga e como cambiou ata chegar ao que coñecemos hoxe en día.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión