Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2021

CORRELINGUA 2021, Inmunízate co galego

Correlingua é a actividade veterana de dinamización e promoción do idioma, dirixida á mocidade, a infancia e centros de ensino, cuxo obxectivo principal é a reivindicación de medrar en galego.

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país e as actividades organizadas durante todo o curso para o alumnado arredor delas. 

O Correlingua, que celebrou o 20 aniversario na edición do 2020, é unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de demanda do dereito de crecer en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Está organizado pola AS-PG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino e contamos coa colaboración de varias institucións como as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra así como tamén dos concellos onde se realizan as actividades.

Esta actividade recibiu da Deputación da Coruña en 2016 o VII Premio Rosalía de Castro de Lingua.

O Correlingua realiza diversas actividades orientadas ao alumnado que durante o curso se levan a cabo nos distintos centros de ensino, como son os concursos de vídeo, manifesto e banda deseñada ou unha nova actividade colectiva, Regueifando!, iniciada na pasada edición.

No 2021 volvemos celebrar as festas dun xeito diferente e reducido evitando así a concentración masiva do alumnado. Será reducido presencialmente mais chegará a todas e cada unha das aulas de Galicia pois emitiranse a maior parte delas por streaming a través da canle de youtube de Correlingua.

Asistirá alumnado dalgúns centros escolares da comarca. Retransmitirase en directo para que se poida acceder ao espectáculo desde calquera aula de Galicia.

A gran festa do Correlingua na Coruña celebrarase este 20 de outubro no auditorio do Centro Ágora, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística e contará cun concerto de Pauliña, a banda gañadora do #Cantalingua e a presentación e posterior actuación da compañía teatral Galeatro.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión