Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2019

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2020 e cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas oficiais de idiomas

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega, así como cursos de linguaxe administrativa galega.

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca varios cursos de linguaxe administrativa galega (presenciais e en liña), así como cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga en varias escolas oficiais de idiomas galegas (EOI).

Desta vez, a EOI da Coruña unicamente oferta un curso de linguaxe administrativa galega de nivel superior, cuxa data de inicio será en outubro de 2019 e a súa fin, no mes de xaneiro de 2020. Este curso diríxese nomeadamente ás e aos empregados públicos que posúan o curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes. De ficaren prazas libres, tamén poden acceder as persoas maiores de 16 anos que non foren empregadas públicas e que posúan igualmente os certificados ou acreditacións devanditas.

Para inscribirse neste curso gratuíto da EOI da Coruña, hai que encher o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da EOI unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019.

Este curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega terá unha duración de 75 horas lectivas comprendidas entre o 28 de outubro de 2019 até o 19 de xaneiro de 2020.

Para máis información, pódese contactar coa EOI da Coruña (rúa da Educación, 1, 15011 A Coruña), no teléfono 981 279 100 ou en eoi.corunha@edu.xunta.es.

Nas EOI de Ferrol ou Santiago de Compostela, dentro da provincia da Coruña, así como nas de Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo ofertan máis cursos preparatorios para obter o certificado Celga e mais cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior. Quen tiver interese neles, pode consultar a propia resolución no DOG 156 do 20/08/2019.

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190820/AnuncioG0534-070819-0002_gl.html?fbclid=IwAR1vy0mZcqrTM4rPEFHHqcphC4nvkvUfumwx5SXRz7E3o9-2Sjq6K7lzNRI

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión