Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de novembro de 2019

Falamos primaria: “Merenda con pan de millo”, de Migallas Teatro

Actividade dirixida aos centros con alumnado de 6.º de infantil, 1.º, 2.º e 3.º de primaria que se desenvolverá no Centro Cívico dos Mallos en distintas datas de novembro.

En Normalización Lingüística do Concello da Coruña queremos promover a transmisión interxeracional da lingua, xunto coas tradicións galegas, razón pola cal en 2019 imos desenvolver 12 pases escolares do espectáculo músico-teatral "Merenda con pan de millo", do grupo Migallas Teatro, no auditorio do Centro Cívico dos Mallos, dentro do programa Falamos primaria.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de 6.º de infantil, 1.º, 2.º e 3.º de primaria.

Obxectivos:

- Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.

- Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.

- Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.

Cada aula participante deberá estar acompañada mínimo por unha persoa responsable do centro.

Se non se cubrisen as prazas, abrirase un segundo prazo en que poderán participar centros de fóra da cidade.

Datas das actividades:

- luns 4 de novembro: un pase ás 12.00 h [PRAZAS ESGOTADAS]

- martes 5 de novembro: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h [neste pase, PRAZAS ESGOTADAS]

- xoves 7 de novembro: un pase ás 10.00 [neste pase, PRAZAS ESGOTADAS] e outro pase ás 12.00 h

- venres 8 de novembro: un pase ás 10.00 [neste pase, PRAZAS ESGOTADAS]e outro pase ás 12.00 h [neste pase, PRAZAS ESGOTADAS]

- luns 11 de novembro: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h

- martes 12 de novembro: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h [neste pase, PRAZAS ESGOTADAS]

- xoves 14 de novembro: un pase ás 10.30 h [neste pase, PRAZAS ESGOTADAS]

Para participar, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o venres 18 de outubro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono do profesorado que vai vir á actividade acompañando o alumnado, cun teléfono de contacto e a sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubrisen as prazas ofertadas, o luns 28 de outubro abrirase un novo prazo en que tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade que nos achegarán a mesma información antes indicada.

Máis info en: https://i.gal/uNZnF

"Merenda con pan de millo" é un espectáculo musical de pequeno formato baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola editorial Kalandraka e coa produción musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do millo como fío condutor. 

Enderezo:

Centro Cívico Os Mallos. Avda. de Arteixo 147. 15007 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión