Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2021

Falamos secundaria 2021 nos IES da cidade

Actividade dirixida aos centros de ensino secundario da cidade

Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos secundaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Con este fin, dende maio ata novembro de 2021 imos desenvolver as seguintes actividades nos propios IES da cidade (ata esgotárense os pases):

  • 5 pases do espectáculo "Música e lingua", de Zënzar, en formato acústico e a trío
  • 4 pases do "Método de hipnose para falar galego", de Séchu Sende. PASES ESGOTADOS.
  • 5 pases de "Camiños por debuxar", de Xulia Pisón

Realizaranse nos propios centros que as demanden (por orde de inscrición). Cada centro só poderá recibir unha actividade.

Programa de Fomento da lingua galega nos centros de ensino secundario

Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos secundaria.

Os obxectivos do Falamos secundaria son os seguintes:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación secundaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
  • Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
  • Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na mocidade sobre o galego.
  • "MÚSICA E LINGUA", DE ZËNZAR. Zënzar, a banda máis antiga en activo do rock galego, os "Padriños do rock galego", gañadores de varias das últimas edicións do concurso musical do Correlingua, o "Cantalingua", ofreceranlle ao alumnado un concerto a trío e unha charla sobre música e lingua, cun repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. Neste encontro irase debullando, dun xeito ameno e visual (con vídeo, música, palabra e ilustración), a información necesaria para entender a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador e imprescindible dunha cultura, integrada no ámbito musical e audiovisual. Á vez farase un percorrido histórico buscando a participación e o diálogo co alumnado asistente. Mediante o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, incorporarase a temática de xénero.
  • "MÉTODO DE HIPNOSE PARA FALAR GALEGO", DE SÉCHU SENDE. Séchu Sende é filólogo, profesor e escritor. Da súa produción poética destaca o libro Odisea. En 2004 gañou o Premio Blanco Amor de novela con Orixe. En 2007 publica o libro de relatos Made in Galiza que recibiu o Premio Ánxel Casal ao Mellor Libro do Ano, concedido pola Asociación de Editores Galegos e foi traducido ao kurdo, ao turco, ao éuscaro e ao catalán. Ademais, algúns dos seus textos foron traducidos ao ruso, checo, croata, bretón, sardo ou asturiano. En 2010 publicou o libro ilustrado Animais, un conxunto de textos e deseños que forman un himno á vida natural e unha denuncia do progreso mal entendido. En 2011 publicou O caçador de bruxas, unha historia sobre a liberdade de expresión. Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas, publicado en 2012, é un libro de viaxes ilustrado polo autor onde se narra unha aventura autobiográfica e se trata o conflito sociolingüístico. En 2013 publicou en liña catro libros ilustrados sobre catro temas fundamentais na súa obra: lingua, ecoloxía, igualdade de xénero e historia da Galiza. Ten traballado en publicidade social e moitos dos seus versos e textos foron musicados ou teatralizados. Por Pelos na lingua recibiu o Premio María Casares 2012 ao Mellor Texto e o Premio Max. Séchu Sende tamén é o creador do primeiro xogo de rol en galego. A actividade estimulará a mellora de actitudes e o aumento de usos en galego, desde un punto de vista creativo, lúdico, crítico e rebelde. Un achegamento á sociolinguística, pasando polo humor, a improvisación oral en verso (regueifa e rap) e a actualidade social. Dirixida aos cursos desde 4.º da ESO a 2.º de bacharelato.
  • "CAMIÑOS POR DEBUXAR", DE XULIA PISÓN. Xulia Pisón é debuxante e autora de cómics. Empezou a súa carreira en 2015 cos fanzines autoeditados McCactus(∞-1) Legado (con guión de K. Benlloch). Desde entón participou en diversas publicacións colectivas de banda deseñada como Licor Café (Demo Editorial) e Altar Mutante, entre outras. Realiza traballos como ilustradora de cartelería e editorial, e incluso algún proxecto de animación. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Entre os traballos de ilustración que realizou destaca o cartel das Festas de María Pita da Coruña en 2017. Recentemente publicou Microalgas. O mundo oculto e Microalgas. O Mar de Ardora, dous cómics de aventuras e divulgación científica coa Universidade da Coruña no que achega o mundo submarino a través da personalización de certos elementos, creando a estrutura e o guión dunha historia de superheroes e creando referentes de xénero para as mozas, xa que o protagonismo recae sobre personaxes femininos. Sobre esta temática, a pouca visibilización das mulleres ilustradoras, falou nas últimas xornadas do "Libros vivintes", programa da Biblioteca do Ágora para achegar autoras e autores ao lectorado. Na súa interesantísima presentación facía un percorrido sobre os seus inicios, os principais obstáculos das mulleres no mundo da ilustración, creando unha lista de autoras -moitas delas practicamente descoñecidas para a rapazada- e enfocando as súas propostas na calidade e na apertura dos guións cara a temáticas que interesen tamén ás mozas como público potencial do mundo do cómic. A súa actividade "Camiños por debuxar" será unha charla co alumnado sobre a súa traxectoria como debuxante e autora galega, sobre a identidade e sobre a procura do noso lugar neste mundo.

Inscricións en https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/falamos-secundaria-nos-ies-da-cidade-2021-22/contenido/1453767076480

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es 

Enderezo:

A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión