Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2019

Máis de 2600 estudantes percorreron A Coruña co lema "O galego é a fórmula" no Correlingua 2019

A carreira pola lingua galega reuniu case 30 centros de ensino que traballaron ao longo do curso escolar na reflexión sobre a situación do noso idioma e a importancia de activar as accións en prol del.

O venres 3 de maio, desde o pavillón de Riazor até o pé da Torre de Hércules, case 30 centros de ensino da Coruña, Arteixo, A Laracha, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Laxe, Ponteceso, Sada, Vimianzo e Zas percorreron a nosa cidade nunha carreira non competitiva baixo o lema "O galego é a fórmula" para reinvindicaren o dereito a medrar en galego.

O Correlingua, ademais da andaina e a festa final na Torre que este ano contou con Cê Orquestra Pantasma e Monoulious DOP, é unha proposta lúdico-educativa que se desenvolve nos centros educativos ao longo de todo o curso que este ano chega á súa décimo oitava edición. O profesorado e o alumnado participaron, ademais, coa elaboración de materiais nos tres concursos que se organizaron: elaboración do manifesto, banda deseñada e vídeo, que gañaron respectivamente os centros IES de Carral, o CPI Cabo da Area de Laxe e o CEIP Albeiros de Lugo.

Aínda que todos os centros participantes demostraron toda a implicación e o esforzo realizado ao longo do ano escolar nos seus carteis, deseño de vestiario e lemas durante o percorrido, foron o CPI O Cruce, de Cerceda, o IES Agra de Leborís, da Laracha, e o CEIP Graxal de Cambre os que levaron o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente, á mellor animación durante a xornada.

A Asociación Cultural Correlingua é a entidade organizadora deste gran proxecto de normalización lingüística destinada á infancia e á mocidade no ámbito educativo, con quen colabora o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, ademais doutros moitos concellos galegos, xunto coa axuda loxística da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística e CIG-Ensino.

Documentos:

Cartel do Correlingua 2019 (703 KB)

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión