Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de novembro de 2022

“Desde as administracións públicas debemos traballar para impulsar o uso e prestixio do noso idioma”, subliñou a rexedora

O Concello da Coruña premia 42 pequenas e pequenos polos seus traballos a prol do uso do galego tras a primeira edición do certame "Cartas de verán"

A alcaldesa, Inés Rey, felicitou a rapazada que tomou parte no concurso, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística para fomentar a escrita en lingua galega entre nenas e nenos de ata 12 anos

A alcaldesa, Inés Rey, entregoulles hoxe os agasallos ás 42 nenas e nenos que tomaron parte na primeira edición do certame 'Cartas de verán', unha iniciativa posta en marcha polo Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística e que, durante a tempada estival, promoveu a escrita en lingua galega entre a cativada de ata 12 anos.

O concurso, aberto por primeira vez durante o pasado mes de agosto, recupera o antigo costume de escribir e recibir cartas ou tarxetas postais, un formato orientado a que a rapazada amose o seu talento e creatividade en galego, incidindo nas súas vivencias durante as vacacións de verán.

No acto de entrega dos agasallos, realizado no Centro Sociocultural Ágora, Inés Rey resaltou o compromiso do Goberno municipal coa promoción e o uso da lingua galega, e recordou que neste mandato, e por primeira vez na historia do Concello, "aprobouse unha ordenanza municipal reguladora da lingua galega, que promove o seu uso nas actuacións administrativas, de documentación, comunicación social e nas relacións coa cidadanía, porque desde as administracións públicas debemos traballar para impulsar o uso e prestixio do noso idioma", subliñou a rexedora.

Neste sentido, a rexedora, acompañada polo persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística, puxo en valor "a importancia que teñen certames como 'Cartas de verán' pola súa capacidade para lles chegar ás familias e aos fogares", e felicitou as pequenas e pequenos participantes "pola súa imaxinación e capacidade de observación, moi necesarias na sociedade na que vivimos".

A alcaldesa recordou, ademais, que grazas á adhesión do Concello ao programa Apego, que integra arredor de trinta concellos de toda Galicia, lévanse a cabo durante todo o ano, maioritariamente no Centro Sociocultural Ágora, múltiples espectáculos e contacontos para lles achegar a lingua galega a nenas e nenos en idades temperás.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión