Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2022

Programa de Fomento da lingua galega nas EIM da cidade

Actividade dirixida aos centros de ensino de infantil

Programa de fomento e dinamización do galego na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña

Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:

1 Contribuír na galeguización de todos os niveis do sistema educativo e na dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.

2 Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializaren, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.

3 Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, sobre todo nun contexto tan castelanizado como A Coruña.

4 Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, principalmente lúdicos e didácticos e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas crianzas.

Co fin de conseguirmos estes fins propoñemos realizar:

  1. 12 pases escolares do espectáculo "Derriba da lúa", de Rilo e Penadique, dirixidos ao alumnado de 0 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña
  2. 12 pases escolares do espectáculo "Cantacontos para bebés", de Pablo Díaz, dirixidos ao alumnado de 0 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña
  3. 10 pases de "Herba pequerrechiña", de Félix Arias, dirixidos ao alumnado de 0 a 3 anos de dez Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña

Os espectáculos realizaranse nas propias EIM, entre febreiro e novembro de 2022. De cada actividade desenvolverase un pase por escola. Naquelas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta) levaranse a cabo dous pases do espectáculo en vez de un.

  1. 12 pases escolares do espectáculo "Derriba da lúa", de Rilo e Penadique, dirixidos ao alumnado de 0 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña

"Derriba da lúa" é un espectáculo da compañía Rilo e Penadique, formada pola narradora oral Vero Rilo e a música de acordeóns Sonsoles Penadique. Este espectáculo conxuga a narración oral con contos e a música en directo de acordeón. A Lúa, o Sol, a Terra, un carballo, o niño dun paxaro... Cantar, contar, aprender e xogar para medrar libres.

  1. 12 pases escolares do espectáculo "Cantacontos para bebés", de Pablo Díaz, dirixidos ao alumnado de 0 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña.

O premiado músico coruñés dirixe os seus espectáculos ao público infantil e concretamente esta actividade adáptaa para as crianzas máis pequechas. Unha viaxe a través dos contos que ten a música como fío condutor. Temas e rutinas da primeira idade que se mesturan coas letras dos libros que conta en directo e a música que toca de frauta, guitarra ou harmónica, tamén en directo.

  1. 10 pases de "Herba pequerrechiña", de Félix Arias, dirixidos ao alumnado de 0 a 3 anos das Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña.

Félix Arias é profesor de música dende 2012 na EIM Monte Alto e dende 2015 na EIM Carmen Cervigón, ademais de noutros centros. Creou este espectáculo adaptando textos de escritores como Carlos Casares, Manuel María, María Victoria Moreno ou Xela Arias, cos que traballa a lingua galega a través da música en directo e dos instrumentos para se interrelacionar dun xeito didáctico coas cativas e cativos. Realizará esta actividade nas outras dez escolas.

Para solicitar estas actividades o persoal dos centros de ensino teredes que enviarnos un correo a inscricionslingua@coruna.gal e indicarnos para que idades, aulas e datas aproximadas quereriades ter cada unha das propostas. O SNL actúa como intermediario entre o centro e as/os artistas.

Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es 

Enderezo:

Avda. . A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión