Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso ".
Entendido
Obrigas básicas
Se decides adoptar algún dos nosos animais debes saber que as obrigas básicas legais son as seguintes:
Vacinación / identificación / desparasitación
En caso de ser potencialmente perigoso, ter licenza municipal para a tenza e inscribilo no Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos.
Tratalos humanitariamente.
Dispoñer dun espazo apropiado, cómodo e cerrado sen opción de que o animal se poida escapar ou se cause dano.
Mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias.
Proporcionarlles alimentación e auga en consonancia co tipo do animal.
Responsabilizarse dos danos que ocasionen.
Boas prácticas
Beneficios da adopción:
Beneficios sociais:
Redución do número de animais sacrificados por abandono
Axuda a educar a sociedade no amor aos animais
Redución de sentimentos de soidade e illamento en diversos grupos sociais (anciáns, grupos marxinais etc.)
Beneficios persoais:
Sentimento de responsabilidade e autoestima
Fomento de relacións sociais, respecto e convivencia
Redución de sentimentos de soidade e illamento
Con todo, antes de decidirte debes cuestionarte:
Es consciente de que o animal crece e telo que educar?
Tes o tempo suficiente para atendelo e sacalo a pasear?
Todas as persoas que viven na casa están de acordo?
Estás disposto/a a asumir os gastos que supón ter un animal?
Onde deixarei o meu animal cando cheguen as vacacións?
O animal que vas adoptar é un ser vivo, trátao como tal:
Ofrécelle agarimo, espazo e comida.
Lévao sempre atado, e con boceira se é necesario.
Os excrementos son a túa responsabilidade, recólleos.
Os ladridos poden molestar, respecta o horario nocturno.
Lévao ao veterinario cando o necesite.
Identifícao con microchip.
Non o abandones, é o teu mellor amigo.
Respecta o calendario de vacinacións.
Cando o animal faleza, contacta cun xestor autorizado para a súa recollida.
O seguro é a túa responsabilidade.
Tes un navegador demasiado antigo!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible
X