Actualmente na Coruña contamos cunha superficie estimada de 16500 m2 aproximadamente repartidos entre cinco áreas caninas, A. C. Sta. Margarida, A. C. Parque Adolfo Suárez, A. C. Mesoiro e as recentemente inauguradas A. C. Parque de Eirís e A. C. Parque de Bens, nas cales os cans poden gozar soltos do xogo, sempre vixiados polas súas persoas guiadoras.
Estas infraestruturas son zonas acoutadas e delimitadas mediante valado, as cales contan con gran cantidade de servizos, marquesiñas, bancos, luz, auga, papeleiras e zona de acicalamento para as mascotas.
- Área Canina Parque de Santa Margarida (https://goo.gl/maps/49FTMUUTNmD2 )
- Área Canina Parque Adolfo Suárez (https://goo.gl/maps/yqiQyvgxcyu )
- Área Canina Mesoiro (https://goo.gl/maps/JfnXsa2bSFx )
- Área Canina de Eirís ( https://goo.gl/maps/JNUcfctZ2e42 )
- Área Canina Parque de Bens ( https://goo.gl/maps/ccpe9UBMHMv )
Desde Medio Ambiente seguimos traballando para a localización de novas áreas caninas, e así poder dar servizo a todos os barrios da cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible