Actualmente na Coruña contamos cunha superficie estimada de aproximadamente 16500 m2 repartidos entre cinco áreas caninas, A. C. Sta. Margarida, A. C. Parque Adolfo Suárez, A. C. Mesoiro e as recentemente inauguradas A. C. Parque de Eirís e A. C. Parque de Bens, nas que os cans poden gozar soltos do xogo, sempre vixiados polas súas persoas guiadoras.
Estas infraestruturas son zonas acoutadas e delimitadas, mediante valados que contan con gran cantidade de servizos, marquesiñas, bancos, luz, auga, papeleiras e zona de acicalado para as mascotas.
Desde Medio Ambiente seguimos traballando para a localización de novas Áreas Caninas, e así poder dar servizo a todos os barrios da cidade.
resultados 5
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible