Chámase colonia felina á agrupación de gatos da rúa que viven en liberdade en contornas urbanas controladas, nas cales se lles permite vivir en liberdade, e son alimentados, desparasitados, controlados e vixiados por asociacións protectoras sen ánimo de lucro.
As ditas colonias son xestionadas a través do método CES (Captura-Esterilización-Solta) tras o cal se lles realiza un corte na orella (esquerda ou dereita dependendo do sexo) de forma que poidan ser identificados visualmente como gatos esterilizados e controlados.
Actualmente no noso municipio contamos con sete colonias xestionadas por diferentes asociacións tras a sinatura dun convenio de colaboración co Concello da Coruña, e están estas autorizadas e acreditadas para o seu coidado diario, así como para a súa captura, esterilización e solta.
Se estás interesado en colaborar con algunha destas asociacións ponte en contacto connosco mediante o teléfono de antención á cidadanía 010 e informarémoste.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible