Concello da Coruña

Concello da Coruña

Zonas de Esparexemento Canino

sinalización zona de esparexemento canino no Parque Adolfo Suárez

Parque Adolfo Suárez

Que son as Zonas de Esparexemento Canino?

Trátase de áreas establecidas en diferentes zonas verdes da cidade, delimitadas mediante sinais verticais e paneis explicativos, nas cales durante unhas horas concretas, a cidadanía poderá soltar as súas mascotas durante os seus paseos diarios.

Actualmente a Área de Medio Ambiente está a realizar un estudo para a implantación de varias zonas de esparexemento canino en diferentes barrios da cidade, co fin de fomentar a correcta utilización dos parques e xardíns municipais, así como a boa convivencia entre animais domésticos e cidadanía.

Unha mostra deste tipo de iniciativa é o recentemente inaugurado espazo de convivencia e recreo canino do Parque Adolfo Suárez:

  • horarios:
    • Horario de inverno (de outubro a abril) desde as 20.00 horas da tarde a 10.00 horas da mañá
    • Horario de verán (de maio a setembro) desde as 22.00 horas da noite a 10.00 horas da mañá

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión