Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
As persoas propietarias ou posuidoras de cans e as daqueles gatos que habitualmente saian do domicilio, están obrigadas a identificalos mediante un implante electrónico antes dos tres meses de idade ou ao mes da súa adquisición.
Onde se fai?:
En calquera clínica veterinaria
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
DNI ou documento identificativo válido da persoa propietaria.
Internet
Teléfono
Máis información:
O implante electrónico deberá ter as seguintes características:
Deberá estar preprogramado e non se poderá modificar.
Operatividade do sistema a temperaturas comprendidas entre -40ºC e 70ºC.
O código alfanumérico estará formado por un número de díxitos que será único para cada animal, sen que poidan existir dous ou máis animais co mesmo código.
As comunicacións por morte ou desaparición, cambio de domicilio ou transferencia de propiedade dos animais terán que ser realizadas polas súas persoas propietarias ou posuidoras ao servizo correspondente no termo de 10 días, que se contarán desde que se producisen.
Os datos das persoas propietarias gozarán da confidencialidade e reserva que establece a normativa vixente nesta materia.
Regulación legal: Ordenanza municipal para a protección e tenza de animais da Coruña, publicada no BOP do 24 de xuño de 1997.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible