Chámase colonia felina á agrupación de gatos da rúa que viven en liberdade en contornas urbanas controladas, nas que se lles permite vivir en liberdade, sendo alimentados, desparasitados, controlados e vixiados por asociacións protectoras sen ánimo de lucro.
Ditas colonias xestiónanse a través do método CES (Captura-Esterilización-Solta), tras o cal se lles realiza un corte na orella (esquerda ou dereita dependendo do sexo) de forma que poidan ser identificados visualmente como gatos esterilizados e controlados.
Actualmente, e tras a instalación de novas casetas e cartelaría informativa na rúa Petunias (Barrio das Flores) e na avda. de Monelos, hai no municipio dezaoito colonias, xestionadas por catro asociacións (Gatuchinhos, Felinos Felices, Coruña Gatuna e Micos e Nós). Todas elas asinaron un convenio de colaboración co Concello da Coruña mediante o cal se lles autoriza e acredita para o coidado diario dos felinos, así como para a súa captura, esterilización e solta.
Estas son as colonias existentes tras as novas incorporacións:
Asociación Gatuchinhos
Asociación Felinos Felices
Asociación Coruña Gatuna
Asociación Micos e Nós
Se estás interesado en colaborar con algunha destas asociacións ponte en contacto connosco mediante o teléfono de atención ao cidadán 010 e informarémosche.
Colonia felina rúa Petunias
Colonia felina en Avda. Monelos
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible