Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2018

Aberta a XX convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Con motivo especial do 20 aniversario da convocatoria premiaranse todas as inscricións que finalicen e presenten a súa investigación.

O premio pretende fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas, e premia as investigacións e proxectos que se distingan pola súa orixinalidade e rigor, ademais de demostrar sentido crítico, curiosidade e constancia.

Con motivo especial do 20 aniversario da convocatoria premiaranse todas as inscricións que finalicen a súa investigación e presenten a súa memoria antes do 1 de marzo de 2019. As aulas de quen participe serán convidadas a visitar gratuitamente durante un día os tres museos científicos, complementándoa coas actividades que desexen realizar en cada un deles en función da oferta dispoñible.

A participación está aberta en dúas modalidades. A primeira dedicada a proxectos de investigación científica realizados polo profesorado nas aulas de Educación Primaria. A segunda para alumnado de Educación Secundaria que desenvolvan investigacións científicas.

O alumnado e profesorado que desexe participar ten ata o próximo 30 de novembro para enviar as súas propostas. Posteriormente, terán 3 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 30 de marzo de 2019, e a ela concorrerán os tres mellores traballos seleccionados en cada modalidade.

O profesorado de Educación Primaria da área metropolitana da cidade coruñesa poderá solicitar a visita á aula dunha persoa técnica dos Museos Científicos para impartir unha charla sobre como realizar unha investigación científica e os valores educativos que lle pode proporcionar ao alumnado. Para reservar unha data será necesario solicitala escribindo ao enderezo premioluisfreire@casaciencias.org

Organizado por Museos Científicos-Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2/es/premios/premio-luis-freire-de-investigacion-cientifica-en-la-escuela

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión