Concello da Coruña

Concello da Coruña

Atrévete a investigar con elas!

Encontro con investigadoras organizado con motivo da Semana da Muller e a Nena na Ciencia.

A quen vai dirixido?:

Público familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/02/2020

Xa rematou

Horario:

Ás 12.00 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala

Organiza:

Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña

O sábado 15 de febreiro, ás 12.00 horas, a Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza a actividade "Atrévete a investigar con elas!", dirixida a público familiar. Trátase de compartir espazo con catro investigadoras da UDC para coñecer a súa traxectoria científica e vital, os seus logros profesionais e algunhas anécdotas que viviron co obxecto de incentivar entre as persoas asistentes a curiosidade pola profesión de investigadora e científica. Estas son as científicas participantes:

- María Carreiro Otero, investigadora do Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sustentable (GAUS).

- Carmen de Labra Pinedo, investigadora do grupo Neurociencia e Control Motor (NEUROcom).

- Teresa López, investigadora do grupo Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).

- Vanessa Valdeiglesias García, investigadora do programa Beatriz Galindo e do grupo Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA).

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión