Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2018

Charla sobre astronomía accesible no Planetario

O sábado 15 de decembro ás 19.30 horas, a Casa das Ciencias acolle a charla de Amelia Ortiz, do Observatorio Astronómico da Universidade de Valencia.

Amelia Ortiz Gil, do Observatorio Astronómico da Universidade de Valencia, que ademais pertence ao grupo de traballo Astronomy for Equity and Inclusion da Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), ofrece unha conferencia sobre "astronomía accesible": divulgación adaptada a persoas con calquera tipo de diversidade funcional (visual, auditiva ou intelectual).

Co título «Non me berres que non te vexo» é unha charla organizada pola Agrupación Astronómica Ío que ten lugar no Planetario da Casa das Ciencias o sábado 15 de decembro ás 19.30 horas. A conferenciante é tamén coordinadora de divulgación da IAU en España.

>> Entrada gratis e aberta ao público ata ocupar o espazo.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión