De Juan Mayorga
Para público en xeral
Dende o 16/12/2022 ata o 17/12/2022
Xa rematou
20.30 h
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña
S I L E N C I O
Do latín silentium.
1 m. Abstención de falar.
2 m. Falta de ruído. O silencio dos bosques, do claustro, da noite.
3 m. Falta ou omisión de algo por escrito. O silencio dos historiadores contemporáneos. O silencio da lei. Escríbeme canto antes, porque tan longo silencio tenme con coidado.
4 m. Der. Pasividade da Administración ante unha petición ou recurso á que a lei lle dá un significado estimatorio ou desestimatorio.
5 m. Mil. Toque militar que lle ordena o silencio á tropa ao final da xornada.
6 m. Mús. Pausa musical.
Vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de se sentir cómodo, o dramaturgo vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado "Silencio".
As persoas oíntes son outros/as académicos/as, con quen comparte estrado, e as persoas -familiares, amizades, colegas, autoridades, descoñecidas...- que o viñeron acompañar esta tarde. Elixiu falar sobre o silencio na vida e no teatro. Tamén viaxar por silencios teatrais que resoan na súa memoria e no seu corpo.
Igual que ás persoas espectadoras, eses silencios poden enfrontalo cos da súa propia vida. Quizais teña, en cada momento, a tentación de calar. Quizais o silencio, que soporta o discurso e sobre o que o discurso indaga, poña o discurso en perigo. Quizais o máis importante sexa, para quen pronuncia o discurso e para quen o recibe, por encima e por debaixo das palabras, escoitar xuntos/as o silencio.
Con: Blanca Portillo
Dirección: Juan Mayorga
Escenografía e vestiario: Elisa Sanz
Iluminación: Pedro Yagüe
Espazo sonoro: Manu Solís
Deseño gráfico: Javier Portillo
Fotografías: Javier Mantrana
Axudante de dirección: Viviana Porras
Coprodución de Avance Producciones Teatrales e Entrecajas Producciones Teatrales
*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro
- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h
- Venda en liña: Ataquilla.com
* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible