Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2022

Comeza o curso escolar 2022-2023 nos Museos Científicos Coruñeses

Xa está dispoñible o servizo de reservas para os grupos educativos, que poderán gozar de experiencias únicas programadas para este curso.

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae xa están preparados para recibir aos grupos escolares cunha oferta de exposicións, obradoiros e proxeccións que permitirán ao alumnado complementar os contidos curriculares.

No Aquarium Finisterrae a principal novidade é a oferta de itinerarios temáticos, como o titulado «Reproducirse baixo o mar», para coñecer os variados procesos de reprodución que empregan as especies mariñas, o itinerario «Planeta océano», no que se abordan diferentes cuestións oceanográficas (salinidade, mareas, correntes), efemérides históricas e a diversidade biolóxica na sala Maremagnum, ou o itinerario «Sinais de alarma», sobre algúns dos cambios ambientais que están a sufrir os océanos e que ameazan a súa biodiversidade.

Na Domus, os grupos escolares poderán coñecer o recentemente renovado vídeo do parto, coas imaxes de dous nacementos que amosan un proceso biolóxico polo que pasamos todos os seres humanos e que ten lugar case 400.000 veces cada día en todo o planeta. A visita polas salas de experiencias interactivas pódese complementar con sesións de cinema e con actividades e obradoiros no Laboratorio Aberto e na sala maker@domus. Experimentar coa técnica da PCR, a disección de flores, explorar diferentes aspectos da nutrición ou construír unha variedade de mecanismos e artefactos tecnolóxicos utilizando materiais sinxelos e moita imaxinación son algunhas das súas propostas.

Na Casa das Ciencias, unha das principais novidades será a renovada incubadora de pitos, cun deseño que permitirá contemplar mellor o proceso de eclosión do ovo e o nacemento de pitos de galiña. Ademais, a oferta escolar para este curso ofrece un abano de programas de Planetario para os diferentes niveis educativos, incluíndo sesións en directo sobre o ceo que se pode contemplar na época da visita.

Os grupos escolares gozan de tarifas reducidas para o acceso aos Museos Científicos. No caso dos centros educativos do municipio da Coruña a entrada é gratuíta.

Documentos:

Museos-Cientificos_Oferta-Educativa-curso-22-23-PROGRAMA-GAL.pdf (2 MB)

Tamén che pode interesar

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión