A Casa das Ciencias acolle a actuación da banda Trilitrate, con motivo da romaría de Santa Margarida
Actividade non apta para persoas con fotosensibilidade visual
Para público en xeral
30/08/2024
Xa rematou
Dúas sesións, ás 19.00 e ás 20.00 horas
30 minutos
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Sala do Planetario
4,12 euros
Adquisición de entradas nesta ligazón
Trilitrate é unha banda que somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz, o hardcore...
Fúndase en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Cuarteto Dumka, Adoitan Estar Quartet, Peña), Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.Ga, Cuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra e voz (Cró!, Es un árbol, Guerrera, Peña). En 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde e realizan a gravación do seu primeiro disco, «Faláchesme na Man».
Actualmente, e tras a incorporación de Montse Piñeiro (debuxante, escenógrafa, iluminadora e animadora de stop-motion, premio María Casares 2018 á mellor escenografía) como nova xeradora da arte visual, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco, «Está de Grelo».
As persoas que desexen asistir a algunha das dúas sesións de Trilitrate que terán lugar no Planetario da Casa das Ciencias o venres 30 de agosto deberán adquirir entradas nesta páxina.
>> Actividade non apta para persoas con fotosensibilidade visual
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible