Concello da Coruña

Concello da Coruña

CANCELADA – Conexión en directo coa Antártida

Cancelada por problemas técnicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/02/2020

Xa rematou

Inscricións:

CANCELADA

Horario:

Ás 17.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta, con inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

A Domus realizará o sábado 15 de febreiro, ás17.30 horas, unha conexión en directo co xornalista e divulgador científico Xavier Fonseca desde a Antártida.

A súa intervención comezará cunha charla na que, co apoio de imaxes tomadas por el mesmo, falará en directo sobre como se desenvolve o día a día da expedición nun dos lugares máis inhóspitos e cientificamente interesantes do planeta. A continuación o público poderá realizarlle preguntas.

Xavier Fonseca está a traballar desde principios de xaneiro nas bases científicas españolas das illas Livingston e Decepción como integrante dun equipo multidisciplinar para levar a cabo un proxecto de comunicación sobre a Antártida.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión