Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conferencia «Que pode achegar a xenética actualmente á idea de trastorno psiquiátrico?»

Será ofrecida por Fernando Facal, médico interno residente de psiquiatría no Hopital Universitario de Santiago de Compostela.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/01/2020

Xa rematou

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Organiza:

Organizado por CorBi Foundation, coa colaboración de Museos Científicos Coruñeses

As enfermidades psiquiátricas son moi prevalentes na poboación e causan un enorme gasto en termos de morbilidade, mortalidade e tamén gasto social e económico. A pesar da súa importancia, as súas causas seguen sendo un misterio para a medicina.

Observouse que nas familias das/os pacientes cun trastorno mental é frecuente que haxa máis persoas con ese ou outro trastorno. Hai estudos clásicos que demostran que na maioría dos trastornos mentais a xenética é a principal responsable.

Investigacións máis recentes, a nivel xenómico, axudaron a descifrar a arquitectura xenética destes trastornos. Son descubrimentos que están a cambiar a concepción da enfermidade mental dunha forma drástica, formulando novos modelos de clasificación.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión