Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2018

Sala Leonardo da Vinci da Domus, ás 19.30 horas

Conferencia sobre a edición de ADN coa ferramenta CRISPR

O Dr. Lluis Montoliu, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC), ofrecerá a charla «Editando o noso ADN coas ferramentas CRISPR: realidades e desafíos».

Explicará que son e de onde veñen as ferramentas CRISPR e para que serven. Mediante exemplos sinxelos ilustrará as súas múltiples aplicacións en edición xenética, para alterar a vontade a secuencia do ADN de calquera organismo. Esta tecnoloxía revolucionaria está chamada a xerar solucións innovadoras en bioloxía, biotecnoloxía e biomedicina. Ademais dos beneficios e das utilidades, o Dr. Montoliu sinalará as limitacións e os desafíos aos que nos enfrontamos para trasladar, con seguridade, esta tecnoloxía ao mundo real.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión