Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

15 de decembro de 2018

«Curiosas no Nautilus», un recital no Aquarium Finisterrae

O sábado 15 de decembro ás 19.30 horas, Estibaliz Espinosa á voz e Isabel Gómez ao piano repasarán as achegas da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño

O Aquarium Finisterrae acolle o sábado 15 de decembro, ás 19.30 horas, o recital divulgativo-literario «Curiosas na Nautilus». Estibaliz Espinosa á voz e Isabel Gómez Alonso ao piano repasarán, na sala Nautilus, as achegas da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño.

O recital terá unha hora de duración e é gratis e aberto ao público ata completar o espazo. Nesta ocasión, Espinosa e Gómez combinarán textos de Rachel Carson, Xulio Verne, Martín Códax ou da propia Ángeles Alvariño con música de Arvo Pärt, Debussy, Mahler, Saint-Saëns ou Hans Zimmer e Radiohead.

É a segunda intervención do ciclo «As curiosas son de letras + ciencia», un proxecto de simbiose entre divulgación científica, literatura e música ao redor das figuras de tres científicas galegas (Antonia Ferrín en Astronomía, Ángeles Alvariño en Oceanografía e Isabel Zendal en Biomedicina e Bioloxía).

Proxecto Xerminal

Este acto están enmarcado dentro do Programa Xerminal da Concellería de Culturas, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña ,que implica a distintos axentes da cidade como son os Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña. Tanto artistas como investigadoras ocuparán escenarios simbólicos da cartografía coruñesa (o Planetario, a sala Nautilus ou o Paraninfo da Universidade da Coruña). Figuras, textos, ideas e música para destacar o traballo destas mulleres pioneiras.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión