Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2021

«Desvelando o universo invisible», novo programa no Planetario da Casa das Ciencias

Desde o xoves 16 de decembro e ata final de ano poderá verse todos os días na sesión das 18.00 horas. Despois proxectarase as fins de semana e engadirase á programación escolar.

O Planetario da Casa das Ciencias incorpora á súa carteleira un novo programa distribuído polo Observatorio Austral Europeo (ESO). «Desvelando o universo invisible» é unha produción a toda cúpula que mostra como somos capaces de coñecer os segredos do cosmos a pesar das enormes distancias que nos separan doutros astros. O audiovisual mostra imaxes de fenómenos invisibles ao ollo humano, pero que si podemos detectar grazas aos diferentes instrumentos cos que miramos ao ceo.

A principios do século XVII a invención do telescopio por Galileo revolucionou o noso coñecemento do firmamento. No século XX, coa chegada dos foguetes, foi posible sortear o filtro da atmosfera terrestre e observar radiacións como os raios X e gamma procedentes dos fenómenos máis quentes e violentos que teñen lugar no universo. Pero a luz non é a única fonte de información sobre o cosmos, xa que tamén contamos con partículas como os neutrinos e os raios cósmicos. Nos últimos anos, a detección de ondas gravitacionales abriu unha nova xanela de observación coa que por primeira vez é posible estudar fenómenos como a fusión de dous buracos negros.

Horizonte 2020

Este programa está dirixido por Theofanis Matsopoulos e producido no marco do proxecto Integrated Activities in the High-Energy Astrophysics Domain (AHEAD 2020), dentro do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión