2 de decembro de 2019
Intervirá no foro sobre os océanos, as áreas costeiras e os ecosistemas mariños que terá lugar o venres 6 de decembro.
O Aquarium Finisterrae participa na Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP25) que se realiza en Madrid entre o 2 e o 13 de decembro.
O acuario coruñés foi convidado como membro da World Ocean Network, unha organización non gobernamental que traballa con acuarios, museos e centros de ciencia de todo o mundo para divulgar a importancia que ten o mar na vida das persoas e informar sobre os retos ambientais aos que se enfronta o océano por mor da actividade humana.
O Aquarium Finisterrae, representado polo seu director técnico, Francisco Franco del Amo, participará no foro sobre os océanos, as áreas costeiras e os ecosistemas mariños que terá lugar o venres 6 de decembro. Durante este foro presentaranse resultados científicos, iniciativas e accións que axuden a comprender os impactos do cambio climático no océano, así como a capacidade de adaptación dos seres vivos a este fenómeno global.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible