Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2022

O Aquarium Finisterrae presenta unha exposición sobre «Vermes mariños»

Unha mostra gráfica para descubrir a beleza destes grandes descoñecidos dos nosos mares.

«Vermes mariños» é unha exposición composta por 13 fotografías e un vídeo que pretende achegar ao público a diversidade morfolóxica dos vermes mariños ou poliquetos. A mostra presenta algúns dos poliquetos típicos da costa europea, que adoitan pasar desapercibidos debido ao seu pequeno tamaño e a que viven escondidos entre as algas ou o sedimento.

Existen no mundo algo máis de 12.000 especies de poliquetos, case todos mariños. Grazas ao uso da macrofotografía, pódese apreciar a beleza da morfoloxía destes auténticos descoñecidos dos mares galegos e mundiais. O termo poliqueto procede do grego e significa "moitas sedas", que fai referencia ao elevado número de producións quitinosas, habitualmente con forma de agulla, situadas nunhas expansións laterais dos segmentos, chamadas parápodos, e que parecen patas.

Podemos atopar unha gran variedade de tamaños, formas e de modos de vida. Moitas viven horadando o sedimento fangoso ou areoso, outras viven sobre algas ou outros animais, e algunhas perforan rocha, corais e cunchas de moluscos. Os poliquetos habitualmente forman parte da dieta de moitos outros organismos mariños, como crustáceos e peixes, algúns deles de interese comercial.

Vídeo

A exposición acompáñase dun vídeo gravado no Aquarium Finisterrae onde se mostran imaxes espectaculares dos dous poliquetos mariños que se manteñen nas instalacións. Son especialmente interesantes as do denominado Eunice roussaei, un activo depredador duns 2 metros de longo que caza todo tipo de presas, e que se mantén na corentena do Aquarium Finisterrae.

«Vermes mariños» está producida e comisariada polo profesor titular da Universidade da Coruña e investigador en taxonomía e ecoloxía de poliquetos, Julio Parapar.

As fotografías foron realizadas por Arne Nygren, especialista en poliquetos do Departamento de Ciencias Mariñas da Universidade de Goteburgo, Suecia.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión