Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2019

O Aquarium Finisterrae e a Domus acollen actividades do Festival Mar de Mares

Entre o xoves 19 e o domingo 22 de setembro, charlas, proxeccións e encontros sobre o océano nestes museos

Os Museos Científicos Coruñeses acollen varias actividades da sexta edición do Festival Mar de Mares, que un ano máis achega o océano ás persoas habitantes da Coruña.

No Aquarium Finisterrae

>> O xoves 19 de setembro, ás 19.30 horas, o Aquarium Finisterrae acolle o encontro inspirador «20 anos de ciencia, divulgación e paixón polo mar». O director actual deste museo, Paco Franco, e o seu creador, Moncho Núñez, falarán das mellores anécdotas de dúas décadas do acuario. Gratis ata completar o espazo.

Na Domus

>> O sábado 21 de setembro, ás 11.00 horas, encontro inspirador con Ana Morillas, do Centro Oceanográfico de Baleares, que rescata a historia das pioneiras da oceanografía. Gratis ata completar o espazo.

>> O sábado 21 de setembro, ás 12.00 horas, proxección do primeiro capítulo de «Blue Planet II», comentado por Juan Antonio Romero. Gratis ata completar o espazo.

>> O venres 20 de setembro, ás 18.30 horas, encontro inspirador «Karmenka: a ciencia é pura aventura». Karmenka transmitirá á súa paixón polo océano, a ciencia e o estudo dos glaciares á xente máis nova. Gratis ata completar o espazo.

>> O sábado 21 de setembro, ás 20.00 horas, encontro inspirador con Cristóbal Serrano, que desvelará a súa filosofía de traballo para conseguir imaxes únicas. Gratis ata completar o espazo.

>> O domingo 22 de setembro, ás 13.45 horas, proxección sobre o Ocean Film Festival, presentado por Henrique Rivadulla. Gratis ata completar o espazo.

>> Ata o domingo 22 de setembro, poderá visitarse a exposición «Oceánicas: a muller e a oceanografía», unha mostra sobre nove pioneiras no estudo do mar.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión