Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2018

O Aquarium organiza talleres de arte sustentable para público familiar

Para participar é necesario realizar unha preinscrición a través dun formulario electrónico que se abre o luns 8 de outubro.

O Aquarium Finisterrae organiza cinco talleres de arte sustentable no que as persoas participantes poderán elaborar pequenas esculturas e outras obras artísticas utilizando residuos e lixo plástico recuperada das praias galegas. Quen participe tamén pode levar da casa material plástico de refugallo (tapóns, botellas, recipientes etc. ), convenientemente lavado, que poderán utilizar para elaborar as esculturas.

Esta actividade está vinculada á produción de contidos para unha exposición no Aquarium Finisterrae. As esculturas elaboradas uniranse para construír o módulo principal da exposición.

Os talleres estarán dirixidos por artistas do colectivo Retoque Retro e están destinados ao público familiar, a partir de 12 anos. Realizaranse na Sala Cornide do Aquarium Finisterrae os días 13 e 20 de outubro e 10, 17 e 24 de novembro de 2018, de 10:30 a 13:30 horas.

Para participar hai que realizar unha preinscrición a través deste formulario electrónico, que abrirá ás 10:00 horas do luns 8 de outubro.

As persoas inscritas deberán aboar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión