Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2019

O Aquarium presenta a exposición «Fotógrafos da natureza 2019»

Contén as fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year.

O gañador absoluto deste ano é o fotógrafo español Cristóbal Serrano, cunha imaxe aérea de flamencos ananos no lago Bogoria. Ademais, nesta edición do concurso foron finalistas outros 13 fotógrafos españois, 3 deles gañadores en tres categorías: Jaime Culebras coa mellor foto de Aves; David Frutos Egea, na categoría de Paisaxes; e Joan de la Malla, gañador na sección Ser humano e natureza. É, así, a edición con maior número de fotógrafos españois gañadores nalgunha das categorías.

A exposición contén 85 imaxes, gañadoras e finalistas nas diferentes categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Plantas e fungos, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, Mellor fotógrafo/a menor de 14 anos, Mellor fotógrafo/a entre 15 e 17 anos.

Estas imaxes galardoadas foron elixidas entre as 18.000 que se presentaron este ano ao concurso, realizadas por 1.112 fotógrafos e fotógrafas. Son instantáneas que convidan a unha fascinante viaxe por espazos naturais e ecosistemas para descubrir perspectivas singulares e excepcionais. Algunhas móstrannos os límites propios da natureza, pero tamén os que puxo o ser humano. En calquera caso, todas teñen algo en común, mostran o valor daquilo polo que debemos esforzarnos en protexer e conservar, para lles asegurar ás xeracións futuras a oportunidade de gozar da natureza e aproveitar os recursos que ofrece.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión