20 de decembro de 2019
«El cielo de Cloe» incorpórase á programación desde o luns 23 de decembro, con pases ás 17.00 horas.
Cloe é unha profesora do planetario bastante especial, porque é capaz de cambiar de tamaño ou mesmo de estar en varios lugares á vez. Tamén é un pouco meiga, porque cando quere mostrarnos algo abóndalle con facer desaparecer o Planetario e levarnos a percorrer a cidade, acompañarnos a un bosque ou acompañarnos ao firmamento para coñecer persoalmente algunhas das estrelas que o habitan.
El cielo de Cloe está recomendado para nenos e nenas de 4 a 6 anos e ten unha duración de 35 minutos.
>> A programación do Planetario da Casa das Ciencias do 23 ao 31 de decembro será a seguinte:
>> A programación do Planetario da Casa das Ciencias do 2 ao 7 de xaneiro será a seguinte:
O 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro, o Planetario está pechado.
El cielo de Cloe está producido polo Planetario de Madrid co patrocinio da Fundación La Caixa.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible