A exposición Oceánicas, unha iniciativa do Instituto Español de Oceanografía coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conta a historia de nove pioneiras da oceanografía, nove científicas ilustres, algunhas delas bastante descoñecidas. Desde a primeira e única muller que lle deu a volta ao mundo durante a época das grandes exploracións ata mulleres que, a día de hoxe, lideran a loita pola conservación dos océanos, como Sylvia Earle. Todas elas son referentes necesarios para as mozas que soñen con ser científicas mariñas.
Para público en xeral
Dende o 12/09/2019 ata o 22/09/2019
Xa rematou
gratuíto
O cambio climático, a sobrepesca e a contaminación ameazan con transformar os océanos para sempre. Isto fai que o acceso igualitario de mulleres e homes en todos os campos das ciencias mariñas, incluídos os postos de responsabilidade, sexa máis necesario que nunca. Temos un reto enorme e necesitamos contar con todo o talento da humanidade. Non perdas este pequena pero enormemente interesante exposición.
Ana Morillas, bióloga mariña no Centro de Oceanografía de Baleares do IEO e responsable do proxecto Oceánicas (que é moito máis que unha exposición) protagonizará un encontro inspirador na Domus o sábado 21 de setembro ás 11.00 h.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible