Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2022

Exposición sobre os efectos da contaminación luminosa na saúde

A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.

A planta baixa da Domus acolle desde esta semana unha exposición sobre como a contaminación luminosa afecta á saúde das persoas.

A mostra consiste en quince paneis que reproducen a banda deseñada «Un reloxo con moitas luces: como sabe a hora o teu corpo», creado por Coline Weinzaepflen (texto e debuxos) e o cronobiólogo Manuel Spitschan (edición). Relata de forma rigorosa e humorística os efectos da luz sobre a fisioloxía humana, e como tanto a luz polo día como a escuridade pola noite son imprescindibles para a nosa saúde.

A mostra reflicte como a presenza de cada vez máis luz artificial pola noite produce alteracións no noso ciclo circadiano: o desaxuste dos nosos reloxos internos asóciase a problemas do sono e tamén á depresión, ansiedade, enfermidades metabólicas e cardíacas ou mesmo algúns tipos de cancro.

A banda deseñada presentouse en 2021 e traduciuse de forma voluntaria a máis de vinte idiomas, entre eles o galego. A versión galega foi preparada por Martin Pawley e Xabier Pérez Couto, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Agora, coa colaboración de Cel Fosc, a Asociación Española contra a Contaminación Luminosa, preséntase unha versión expositiva, coas páxinas do cómic convertidas en paneis.

Esta exposición enmárcase dentro das actividades desenvolvidas polo III Encontro da noite, que tivo lugar o pasado sábado 14 de maio na Domus, organizado pola Agrupación Astronómica Ío.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión