Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

30 de marzo de 2019

Final do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Realizarase o sábado 30 de marzo na Domus, a partir das 10.00 da mañá, nun acto aberto ao público.

A esta final concorren tres equipos de alumnos e alumnas de secundaria da Coruña e Ourense, que defenderán os seus traballos na modalidade de Investigación Científica. Tamén, docentes de Educación Primaria de Santiago de Compostela, Carral e Miño presentarán os proxectos finalistas na modalidade que premia os mellores traballos de investigación desenvolvidos na aula co alumnado.

Tras a exposición dos traballos o xurado retirarase a deliberar e emitirá o seu veredicto, o que terá lugar sobre as 13:30 horas do mesmo sábado 30 de marzo.

Estes son os traballos finalistas:

Modalidade de Investigación Científica en Educación Primaria:

- "Poderiamos cambiar a cor dos pétalos de calquera flor usando unicamente cores primarias na auga?", presentado por María José Ferreira Pérez e Isabel Espiñeira Suárez, do CPI Castro Baxoi, Miño.

- "Como se rexeneraría a vexetación de Roxos despois dun incendio?", presentado por Manoel Iago Vázquez Rodríguez, do CEIP de Roxos, Santiago de Compostela.

- "Por que o mesmo pan en Coruña ponse brando e en Ourense ponse duro?", presentado por Ana María Bouzas Fraga, do CEIP Vicente Otero Valcarcel, Carral.

Modalidade de Investigación Científica en Educación Secundaria Obrigatoria:

- "Podemos coñecer a carga bacteriana das moedas e billetes de euro e deseñar unha carteira bactericida?", presentado por Carla Pereira Rodríguez e Ainhoa Rúa Guitián, do Colexio Plurilingüe San José - Josefinas, Ourense.

- "Como afecta a radiación de microondas ás sementes de frijol (Phaseolus vulgaris)?", presentado por Pablo Oroza, Luis Tovar e Marcos Romero, do Colexio Obradoiro, A Coruña.

- "Afecta o tipo de fertilizante, orgánico ou inorgánico, ao contido de vitamina C das verduras?", presentado por Pablo Villares Fernández, do Colexio Obradoiro, A Coruña.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión