Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2021

Horario de verán 2021

A programación a partir do 1 de xullo inclúe dúas estreas, unha no Planetario e outra no cinema da Domus.

Os horarios de apertura, a programación de Planetario e as actividades da Domus serán, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, os que se describen a continuación.

>> A Casa das Ciencias, que ten pechadas as súas salas de exposicións, ofrecerá a diario 4 sesións de Planetario, para as que é imprescindible realizar unha reserva previa de entradas, cun máximo de 3 días de antelación.

Nesta programación do Planetario inclúese un novo programa, Viaxando coa luz, un percorrido pola importancia da luz para a vida e a astronomía.

A programación completa será, de luns a domingo:

  • 11.30 h A noite é necesaria. Galego. Maiores de 10 anos
  • 13 h Viajando con la luz. Castelán. Maiores de 6 anos
  • 17 h El cielo de Cloe. Castelán. De 4 a 6 anos
  • 18.30 h Viaxando coa luz. Galego. Maiores de 6 anos

>> A Domus, que está aberta exclusivamente para asistir a actividades programadas, ofrecerá as seguintes:

  • maker@domus. Actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. A partir de 8 anos.
  • atapuerca@domus. Un taller para pintar como na prehistoria, explorando de primeira man as técnicas artísticas que inventaron os nosos antepasados. E con Tadeo Jones, as persoas participantes coñecerán os segredos de Atapuerca. A partir de 6 anos.
  • misión@domus. Un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta nun tempo límite. A partir de 6 anos.

A Domus ademais recupera as proxeccións da súa sala de cinema coa Claqueta científica, que terá dous títulos:

  • Ás 11.00 e 18.30 horas: En busca do primeiro europeo. Narra unha viaxe científica chea de humor e aventuras, no que Luis Quevedo lle dá vida a un mozo que busca respostas e Eudald Carbonell, científico e codirector dos xacementos de Atapuerca, a un eminente arqueólogo ao máis puro estilo Indiana Jones. O documental recibiu numerosos premios, entre eles o premio Prismas Casa das Ciencias.
  • Ás 12.30 e 17.00 horas: Wilmed, o último bosque mediterráneo. É un documental sobre os bosques de Serra Morena, un dos espazos naturais con maior singularidade de Europa. Este audiovisual, que se proxecta ao público por primeira vez, obtivo o premio Prismas Casa das Ciencias e tivo 8 candidaturas aos premios Goya no ano 2015.

Para asistir a estas actividades e proxeccións da Domus debe realizarse unha reserva de entradas cun máximo de 3 días de antelación.

>> O Aquarium Finisterrae abrirá, de luns a domingo, de 10.00 a 20.00 horas, co último acceso ás 19.00 horas. Para visitalo é imprescindible realizar unha reserva previa de entrada, cun máximo de 3 días de antelación.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión